Encontro, actualidade de Galicia

Hoxe, mércores 23 de maio de 2018, ao igual ca onte, os camións que acceden ao vertedoiro de Miramontes, na localidade de Santiago de Compostela, continúan circulando polo Camiño de Gandarón, vial que da acceso ao vertedoiro, infrinxindo a lei; un feito que se presenta como práctica habitual, reincidente e aleivosa.

Os veciños composteláns das parroquias colindantes están fartos de aturar non só a catástrofe medioambiental que provoca este tipo de industria -irresponsable e irrespirable- no seu medio, senón tamén como as empresas parecen contar cunha patente de corso en material de tráfico. Semella como se puideran facer o que quixeran con impunidade.

Os veciños puideron comprobar este comportamento nas pasadas xornadas cando a Garda Civil de Tráfico realizou controis e, os camións, supostamente alertados pola empresa, agardaban a certa distancia -1 ou 2km- do control da Garda Civil de Tráfico para non ser sancionados á espera de que este se disolvera e así acceder libremente ao vertedoiro.

Feitos de hoxe:

Ás 09:30 horas os veciños detectan como o sinal limitante a 5,5 toneladas do vial Camiño de Gandarón, sinal da discordia, desaparece en extrañas circunstancias. Sinal que ata onte ás 22:30 polo menos se atopaba na súa ubicación.

Ás 10:30 horas o “Complexo Ambiental Miramontes Santiago”, eufemismo do vertedoiro, anuncia publicamente na súa páxina de Facebook a desaparición do sinal, alegando que a broma continúa: “Pois nada… segue la “brincadeira” Concello-Plataforma-media docena de veciños”.

Ás 11:00 horas a plataforma reúnese no Cuartel da Garda Civil co teniente Don Manuel Julio Meléndez, nunha reunión amable e certamente comprensiva, onde se informa da desaparición do sinal de tráfico e se denuncian os incidentes recollidos nas xornadas pasadas.

Ás 12:00 horas, efectivos públicos comezan a traballar no Camiño de Gandarón para a restitución do sinal limitante a 5,5, toneladas.

Deja un comentario