O deputado Francisco Casal considera que a Xunta castiga á cidade por “non votar o que eles queren”

A Coruña, 24 de  outubro de 2019.-En Marea considera que a forma en que a Xunta de Galicia trata á cidade de A Coruña e a súa área de influencia é escandalosa, segundo explicou o deputado desta formación, Francisco Casal. O deputado explicou nunha comparecencia de prensa que os orzamentos da Xunta para o ano 2020 só destinaban para A Coruña o 3% do total dos investimentos previstos para toda Galicia.

O deputado de En Marea estivo acompañado da integrante do Consello das Mareas, Luz Marcos Buján e de integrantes da formación de A Coruña. Casal e Marcos explicaron as numerosas carencias destes orzamentos para a cidade e a súa área metropolitana, unha carencia que contrastan coa medida estrela destas contas: “rebaixarlle os impostos aos ricos”. Francisco Casal sinalou que esta medida “ten consecuencias porque a Xunta deixa de recadar perdoando cartos aos ricos e logo di que non ten cartos para as obras que debería financiar en A Coruña”. O deputado apuntou que A Coruña só recibirá catro millóns dos 142 millóns que a Xunta destina investimentos”.

Entre as obras que A Coruña ten pendentes e que non reciben cartos nestes orzmentos para o ano 2020 hai que salientar a futural estación intermodal da cidade. Francisco Casal sinalou, nas declaracións realizadas na porta da estación de San Cristóbal que mentres o resto das cidades galegas “reciben investimentos millonarios para a súas respectivas intermodais, A Coruña só recibirá pouco máis de 300.000 euros dun presuposto de obras de 27 millóns”. Casal considera que a Xunta está castigado a A Coruña por “non ter votado a Beatriz Mato e por que no seu momento tivo un goberno das mareas”.

Pero non é só a estación que o ano vindeiro non poderán financiar as súas obras.  Luz Marcos Buján apuntou algúns dos proxectos pendentes que de maneira máis clamorosa foron ninguneados nos orzamentos para 2020. A integrante de En Manera lembrou “o saneamento da ría de Burgo, que se promete unha e outra vez, que aparece citado en toda a propaganda da Xunta, pero que unha vez máis vai quedar sen orzamento”. Tamén lembrou Luz Marcos que segue pendente o centro de saúde de Santa Lucía, o centro de maiores de Oleiros e a necesidade de inversións nunha gran parte dos centros de ensino, entre os que Francisco Casal destacou o Curros Enríquez.

Let’s block ads! (Why?)