Categorías: Galiza

Sobre a visita do conselleiro de Economía e Industria da Xunta Francisco Conde López á Fundación Eduardo Pondal

Entrando de cheo no universo pondaliano e citando unhas estrofas do himno nacional galego:

Os bos e xenerosos

a nosa voz entenden

e con arroubo atenden

o noso rouco son,

máis sóo os iñorates

e feridos e duros ,

imbéciles e escuros

non os entenden, non.

Para alguén cun mínimo de sensatez, Conde López nunca entraría no perfil dos «bos e xenerosos» porque nunca foi «bo» e menos «xeneroso» para Galiza, e por suposto nunca recibiría unha invitación dunha entidade que di representar o espírito do «Bardo» de Ponteceso.

Francisco Conde -á esquerda- e o ex-director xeral de Enerxía e Minas Ángel Bernardo Tahoces, actualmente imputado por un presunto caso de prevaricación ambiental / xunta.gal

Un político que é un modelo de destrución para o País e experto só en privatizar os beneficios. Vaia por diante un dato, da produción eólica en Galiza só o 5% fica na nosa terra e o resto expórtase.

Nunca mirou este conselleiro escuro cara as necesidades do rural galego. Só apoia un mar de beneficios e impostos que marchan lonxe da nosa terra.

Un político ao servizo de empresas enerxéticas e mineiras, nunca dos intereses das galegas e galegos. Destrución territorial, paisaxes devastadas, regos, manantiais, rios e fontes contaminadas e en perigo. Ese é o seu «gran» legado, señor conselleiro.

Un territorio onte verde con 176 parques eólicos instalados, máis de 4.000 aeroxeradores nos nosos montes, co maior número de turbinas eólicas por habitante do Estado. 121 dos 313 concellos galegos con parques eólicos e unha Rede Natura moi por debaixo da media do Estado cun 12% fronte ao 27% mentres Europa esixe cambios urxentes. Esa é a realidade, non a que vostede defende.

Varios centos de entidades do país contra a desfeita que ameaza o futuro de Galiza. Informes de alerta como o do Consello da Cultura Galega e os tribunais ruxindo contra a inxustiza das autorizacións ilegais de proxectos sen sentido.

Vostede non é nin «bo» nin «xeneroso» con esta terra, señor Conde. Faga o favor e dimita.

Por dignidade.

Plataforma pola defensa do monte As Salgueiras (Rede Galega por un Rural Vivo)

 

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

A por Colombia y México: Trump vuelve a señalar a América Latina con la amenaza militar como método

El presidente de Estados Unidos recupera el lenguaje de la intervención armada y la coerción…

2 semanas hace

Dinamarca convierte el asilo en castigo

Cuando un Gobierno presume de cifras mientras normaliza la exclusión, el problema ya no es…

2 semanas hace

NACIONAL | Ribera Salud y el precio del silencio: cuatro despidos para proteger un negocio que juega con la salud pública

Cuatro directivos alertaron de una “vulneración de derechos” y la respuesta fue el despido fulminante.…

2 semanas hace

La caída de Sarkozy aún puede ser más profunda

El expresidente francés vuelve al centro del escándalo judicial mientras el relato de la impunidad…

2 semanas hace

NACIONAL | El médico denunciado por abusos vuelve a la sanidad pública gallega y el Sergas mira hacia otro lado

Un regreso que abre heridas y desvela un sistema que protege más al acusado que…

2 semanas hace

NACIONAL | A Feijóo se le pone cara de Casado

En el PP todo el mundo sabe qué ocurre cuando alguien cuestiona el poder sanitario…

2 semanas hace