Sobre o tratamento do CIS ao BNG

Ricardo Suárez
Candidato á alcaldía de Noia có BNG


O ocorrido co último CIS, e que xa vén ocorrendo dende fai tempo, coa eliminación do BNG do cuestionario, é outra sinal máis das carencias democráticas do estado español. A utilización dunha institución pública para debilitar aos rivais políticos é unha grave carencia democrática. Foi así cando Fernández Díaz empregou o ministerio de interior para a espionaxe selectiva de políticos cataláns, ou cando se ordenou a policías inventar unha suposta financiación ilegal de Podemos, e tamén cando se cualificou unha pelexa nun bar de Altsasu sen graves consecuencias como un acto de terrorismo para intimidar a certos movementos políticos. E desta vez volta a ser, agora intentando silenciar a unha forza política coas sondaxes como ferramenta.

O argumento esgrimido polo CIS de que o BNG é un grupo extra-parlamentar cae por si só. Nin PACMA nin VOX teñen esta representación, e sen embargo, si aparecen no cuestionario. Se o argumento é que VOX saltou ás institucións con forza nas últimas eleccións autonómicas de Andalucía, cabe recordar que o partido galego tamén ten grupo no Parlamento galego. Máis incomprensible é se cabe se engadimos o caso de PACMA, sen representación institucional en ningunha autonomía nin no Congreso.

Cabe salientar ademais que o BNG, como explicaba onte nun comunicado, “conta con 445 concelleiras e concelleiros, 24 alcaldías, 2 vicepresidencias de deputación, 6 deputadas e deputados no Parlamento Galego e unha Eurodeputada”; moita máis representación da que teñen os outros dous grupos estatais referidos con anterioridade.

Di o propio documento do CIS: “En la pregunta 10R se han incorporado los partidos con representación parlamentaria, autonómica y/o nacional, y aquéllos cuyas menciones representan el 0,5% o más de las respuestas espontáneas de las personas entrevistadas”. Se temos en conta que o BNG ten representación autonómica, suponse que debería estar nos resultados independentemente da calidade dos mesmos, pero non é así.

Continúa: “La variable VOTO+SIMPATÍA (P10aa) también tiene ese mismo tratamiento”. Pero de novo non se ten en conta ao BNG, xa que, como veremos a continuación, non o incluíron na variable simpatía e polo tanto non poden facer a suma, cousa que tiñan que previr para non saltarse as súas propias regras.

O documento expón: “en las preguntas 9bR, 10aR, 14R, 15R y 16R aquellos partidos cuyas menciones no alcanzan el 0,5% han sido incluidos en la categoría ‘Otros’”. A partir do inxusto e centralista razoamento de calcular a porcentaxe dunha forza política en función do total estatal de votos e non no do número de circunscricións nas que esta se presenta, elimínase ao BNG na pregunta 10aR, imposibilitando ao enquisado mostrar a súa simpatía con dita forza, mentres que ata cinco forzas cunha porcentaxe inferior a este 0’5% son incluídas na tarxeta polo feito de si ter representación no parlamento.

Dato este último da simpatía que xunto á intención de voto directo constitúen un dos pilares fundamentais das estimacións realizadas. O feito de que non apareza na tarxeta da pregunta unha forza que varios sondaxes privadas están colocando con claras posibilidades de entrar no Congreso constitúe unha clara manipulación dos resultados nas circunscricións galegas e provoca a incongruencia da pregunta da imaxe anterior coas propias afirmacións do CIS sobre as pautas que se han de seguir para seleccionar os partidos que serán estudiados.

Toda esta artimaña provoca que o resultado da estimación de voto para a opción “otro partido” do propio CIS sexa dun 4’2% no caso galego, mentres que na media do conxunto do estado para esta mesma opción é de 0’8%. Non é xusto que os cidadáns, e especialmente os galegos, non podamos saber en que medida esta anomalía estatística corresponde á non consideración do BNG nas enquisas, e máis sabendo que se podería facer perfectamente cos mesmos medios.

Este 4’2% está moi preto do 5’7% de En Común, e moi por riba do 2% de VOX, o 1’5% de PACMA ou o 1’4% de EnMarea. Sen embargo, o estudio outorga 2 escanos a En Común e 1 a VOX. Costa crer que a dispersión de voto lle xogue tal mala pasada ao BNG, pero incluso chegando a aceptar esta hipótese de cero escanos, creo firmemente que o electorado merece ter acceso a estimacións realizadas, pois a influencia deste partido no ámbito das catro circunscricións nas que se presenta é innegable.

Pero resulta que existe outro feito sospeitoso, que crea máis dúbidas incluso sobre a credibilidade do estudio. Observamos, ao ollar cara a estimación de voto que se realiza, que aquelas forzas que quedan sen representación pónselles un cero ao numerar os escanos, mentres que para a opción “otros” elimínase directamente a cela coma se non se tivese en conta (cousa que ten todo o sentido se pensamos que non se poden facer cálculos de escanos sumando un conglomerado de restos de candidaturas minoritarias).

Pero por se todos estes agravios comparativas e roturas das súas propias pautas non foran dabondo, existe unha xoia da coroa, a cume do esperpento. Na pregunta 13 faise referencia ao PRC, para quen non o coñeza porque tal vez nunca o tiña oído, Partido Rexionalista de Cantabria, o partido do coñecido Revilla, e que por certo nunca tivo representación pese a que é a cuarta vez que se presentan. Pois ben, por incrible que pareza, non, tampouco desta volta hai mención ao BNG.

Que unha institución do nivel do CIS caía nestes erros por falta de previsión aparenta ben difícil, polo contrario semella que por algún motivo, o BNG, e polo tanto, o electorado e a democracia, sufriron un golpe aleivoso e que non debe ser silenciado por ninguén coa convicción de que todas as forzas democráticas deben gozar dunha igualdade de condicións nos procesos electorais.

 

Todos os datos e gráficas expostos anteriormente poden ser consultados nos seguintes vínculos:

http://datos.cis.es/pdf/Es3242mar_A.pdf

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/elecciones/2019/04/09/ruptura-podemos-marea-hunde-representacion-sucursal-iglesias-galicia/00031554820192117908337.htm

https://www.eldiario.es/norte/cantabria/ultima-hora/Revilla-Partido-Regionalista-Cantabria-presentara_0_868263372.html

mm
Grado en Sociología de la Universidad de la Coruña, donde se especializó en temas como análisis de políticas públicas o acción colectiva. En este período también realizó un año académico en la Universidad de Varsovia. Posteriormente cursó el máster en Relaciones Internaciones en la Universidad Internacional de Andalucía, centrando su tesis final en la cooperación entre municipios y entre los mismos y la Unión Europea en la implementación de las estrategias medioambientales europeas. Actualmente es investigador da Universidad Pablo de Olavide en el programa de doctorado de Medio Ambiente y Sociedad en la especialidad de Historia Ambiental. La temática de su investigación son los bienes comunales, centrándose actualmente en los cambios productivos en los Montes Vecinales en Mano Común durante las últimas. También ha realizado una estancia doctoral de 5 meses en el Instituto de Ecología Social de Viena donde tuvo la oportunidad de formarse en teorías y métodos como el Metabolismo Social o la Justicia Ambiental y Climática.

Deja un comentario