Hoxe, Son de Trives e Son de Manzaneda sumaron as súas pingas ao mar para que medre a marea nos concellos e nas deputacións no 2019. Son de Trives e Son de Manzaneda seguen así o camiño tomado xa pola Marea Veciñal de Culleredo, Marea Pontevedra, Somos En Marea Sanxenxo, Somos Cambados, Marea Ponte Caldelas, Lugonovo, Asamblea Cidadá de Bueu, Somos Cabanas e Xente de Rois, nun acordo no que son as propias mareas municipais as que deciden adherirse.

Mediante este acordo de colaboración, En Marea ofrecerá cobertura, visibilidade e apoio ás mareas locais repectando sempre a súa independencia e as súas decisións.

“A única alternativa que as candidaturas municipalistas temos para manter a nosa independencia local e recursos propios dos partidos, é En Marea”, precisou Jorge Vázquez, concelleiro de Son de Trives, que engadiu que “o feito de estar alonxados do modo de funcionamento dos partidos clásicos, danos a garantía e a independencia de facer as políticas máis cercanas ás poboacións que aspiramos a gobernar, sen imposicións dictadas polas cúpulas”.

Pola súa banda, Félix Domínguez, alcalde de Manzaneda, subliñou que neste tempo “fixemos unha aposta decidida polos servizos sociais, sendo dos concellos que máis investimos en políticas sociais, pondo as necesidades das persoas no centro das políticas”. E concluiu afirmando que “a Xunta fomenta cada vez máis a privatización de servizos, mentres que nós promovemos a xestión directa: así fixemos co comedor escolar, coa residencia de maiores…”.

Luís Villares, voceiro de En Marea, pechou o acto incidindo na sobeanía de En Marea como organización política, sen inxerencias, e onde son as bases as que teñen sempre a última palabra. “Celebramos hoxe a república do mar, porque este acordo baséase nos principios republicanos de igualdade, fraternidade e liberdade e mediante o cal daremos cobertura e apoio ás marea locais para devolver as politicas á xente do común no 2019”, por que se algún valor caracteriza a En Marea é a súa horizontalidade, “a nosa forma de facer, de abaixo a arriba, e que nos diferenza do resto dos partidos.

Vídeo Recomendado:

Deja un comentario