Xeira

En 1913 Stalin escribe ‘Cuestión Nacional’ para dar solucións dende unha análise marxista ao problema nacional. Neste texto o dirixente soviético comeza por definir o que é unha nación para así poder refutar a diversos teóricos do momento que analizaban a cuestión dende ópticas idealistas.

Este texto é unha obra fundamental para os marxistas galegos. Ao igual que fixo Castelao no seu tempo podemos apoiarnos nel para definir Galicia como o que é, unha nación.

A continuación presentamos unha tradución resumida dos primeiros párrafos deste texto:
“Que é unha nación?
Unha nación é, ante todo, una comunidade determinada de persoas. Esta comunidade non é de raza nin tribo. Todas as nacións como a italiana, a francesa, a inglesa etc… están formadas por xentes de razas e tribos diversas.
Polo tanto unha nación non é unha comunidade racial ou tribal, podemos definila como unha comunidade de seres humanos historicamente formada.

Os grandes estados de Ciro ou Alexandro non podemos denominalos como nacións. Aínda que estivesen formados por diferentes razas e tribos e fosen constituídos ao longo da historia estes estados eran mais ben conglomerados de grupos mal vinculados que se unían ou disgregaban segundo os éxitos ou fracasos dos conquistadores.
Polo tanto debemos engadir a estabilidade como unha condición necesaria para ser unha nación.
Austria e Rusia (1913) teñen todas as características antes mencionadas pero sen embargo non constitúen nacións. Isto lévanos a pensar nunha diferencia esencial, cal é a diferencia entre un estado e unha nación? Entre outras cousas a nación ten un idioma común, mentres que unha comunidade estatal pode ter un ou varios idiomas. Exemplos disto son as nacións Polaca en Rusia e Checa en Austria que non serían posibles sen un idioma común mentres que esta non é unha condición indispensable para o estado Ruso e Austríaco.
Polo tanto temos a comunidade de idioma coma un dos rasgos característicos da nación.

Isto non quere dicir que todos os territorios onde se fale a mesma lingua constitúan unha nación, sería absurdo pensar que os ingleses e norteamericanos forman unha soa nación xa que non viven conxuntamente e como xa indicamos anteriormente unha das condicións de constituír unha nación é ser resultado de relacións duradeiras e estables a través de xeracións e xeracións.
Temos pois a comunidade do territorio coma un dos rasgos característicos da nación.
Pero isto non é todo. A comunidade do territorio por si soa non determina todavía a nación. Debe existir ademais un vínculo económico interno que solde nun único todo as diversas partes da nación. Por exemplo, se os norteamericanos non ligasen as diferentes rexións do seu extenso territorio mediante a unidade económica gracias a división do traballo establecida por eles e desenrolasen as vías de comunicación estes non conformarían unha nación.

Temos pois a comunidade da vida económica, a ligazón económica como unha das particularidades característica da nación.

Pero isto non é todo. A psicoloxía peculiar formada a través do tempo en cada unha das nacións exprésase mediante a cultura nacional. É evidente que a psicoloxía ou ‘carácter nacional’ non é algo que exista para sempre, se non que cambia coas condicións materiais de vida, polo que en cada momento dada, imprime o seu selo na fisionomía da nación.
Temos pois a comunidade de psicoloxía reflexada na comunidade cultural, coma un dos rasgos característicos da nación.
Con este último xa temos mencionados todos os rasgos distintivos dunha nación.
Nación é unha comunidade humana estable, historicamente formada e nacida sobre a base da comunidade do idioma, do territorio, da vida económica e da psicoloxía, manifestada mediante a cultura común.

So a presencia conxunta de todos os rasgos distintivos constitúe unha nación.”
Recollendo a definición de Stalin podemos definir Galicia coma unha nación sen ter que crear da nada unha cultura nacional galega inspirada en tempos pasados ou relacións territoriais que xa non existen. Tampouco necesitamos recorrer a un pasado feudal ou a un vínculo místico coa terra. Son as condicións materiais obxectivas e a cultura popular que as reflexa o que nos constitúe coma nación.

Deja un comentario