Mañá martes 23 de outubro terá lugar o primeiro acto público da rede de plataformas compostela-ulla-tambre. charla-coloquio no pazo do faramello a partir das 20.30.

Na rolda de prensa de hoxe, a rede de plataformas presentouse e deu a coñecer a súa liña de traballo e os obxectivos comúns.

Diante das diversas agresións que se están a producir nesta contorna xeográfica pola falta de planificación, control e sentido de pais, a Rede de Plataformas emprende unha acción común encamiñada a pór de manifesto esta situación. O obxectivo é facer partícipe á cidadanía e ás institucións dos graves problemas que afectan á contorna de Compostela e das cuncas do Tambre e o Ulla.

Neste acto as diferentes plataformas que integran a Rede exporán polo miúdo a súa peculiar problemática e a interacción que se dá entre todas. Acompañarán a exposición de imaxes e vídeos que axudarán a entender a dimensión dos problemas medioambientais dos que están a falar.

 

Por este motivo, fan un chamamento a toda a sociedade civil: partidos políticos, asociacións ecolóxicas veciñais, plataformas medioambientais, persoas individuais para que asistan á charla-colcoquio e saiban ata que punto é vital coñecer esta realidade.

Deja un comentario