Laura Luelmo era totalmente consciente de vivir nun estado no que producíronse 94 feminicidios no que vai de ano. 94 mulheres asasinadas pola única razón do seu xénero, 94 mulheres asasinadas a mans de homes.
Non o dubidemos nin por un instante, fai moito que se excedeu calquera límite tolerable en relación ao terrorismo machista, fai moito que se o nome das mulheres levase consigo as siglas do Partido Popular, Podemos, Ciudadanos ou o Partido Socialista, as institucións sen dúbida houbesen reaccionado con maior dureza. Poida que isto non se trate dun tiro na caluga ou un coche bomba estourado para asasinar con motivacións políticas, pero con total seguridade, os feminicidios suponhen a arma que usa unha minoría do colectivo masculino coa firme intención de implantar a súa fanática ideoloxía e o seu terror de cara a lograr someter e aterrorizar ao conxunto das mulheres.
Laura Luelmo, do mesmo xeito que a maioría das mulheres do estado espanhol, hai moito tempo que era consciente da ameaza que sobre ela e as súas companheiras se cernía. Ningunha mulher pode asegurar hoxe en Espanha que sae segura á rúa polas noites, ningunha mulher pode gozar do seu lecer sen un chisco de medo, ningunha mulher pode expresar a súa sexualidade, a súa liberdade, sen medo á mirada do fanático, o machista, o potencial asasino.
Admitámolo dunha vez por todas, o problema non reside nelas, senón nos homes. Non se trata de crear grupos de WhatsApp para que as mulheres corran en companhía, tampouco de encher os barrios de cámaras tentando evitar violacións, nin de saír cada semana á rúa para reivindicar que as queremos vivas. Todo isto, son reaccións quizais necesarias ante os síntomas dun problema de raíz presente na nosa sociedade: Necesitamos dunha vez por todas desactivar a primacía do patriarcado.
Non podemos seguir tolerando institucións machistas, nin tampouco a máis machistas nas institucións. Debemos erradicar as nosas arcaicas e disfuncionais concepcións de xénero, para dese modo lograr construír sobre as cinzas das mesmas unha educación feminista que se mostre capaz de voltear séculos de primacía dun modelo machistas de educación que nos arrastrou ó total desastre social.  Pero especialmente, debemos  reformular os roles profesionais e domésticos, para dotar á mulher dunha verdadeira igualdade material que faga comprender ao conxunto da sociedade que ningunha mulher debe recibir unha menor retribución, nin asumir tarefas exclusivas polo simple feito de selo.
Hoxe Laura Luelmo súmase a unha lista xa demasiado longa, pero confío nas miles de companheiras feministas que tiven o pracer de conhecer, confío nas miles de mulheres que me fixeron abrir os ollos para desactivar a minha educación patriarcal -si homes, temos un problema e gran parte de responsablilidad en todo isto- e confío tamén nos miles de homes que comprendemos que nós tamén debemos de dicir basta. Temor que sair á rúa, castiguemos o machismo coa nosa indignación, pero tamén cá nosa rabia. Xa abonda de promesas incumpridas, xa abonda de pactos de estado estériles que se esquecen en canto o fascismo o esíxe para gobernar unha institución, xa abonda de criminalizar ao movemento feminista. Xa abonda de asasinatos machistas.
É hora de saír á rúa para esixir medidas inmediatas, non máis promesas, non máis ganhar tempo para aplacar a rabia ante o terrorismo machista. Se o estado non escoita a nosa dor, terá que escoitar a nosa rabia. Por Laura, por todas as asasinadas, por todas as mulheres, espero que as companheiras tingan de lila as rúas, espero unha autentica # revoluciónfeminista. Como home, como cidadán, caminharei o carón da loita feminista nesa xusta batalha companheiras.