Traballadores da recollida do lixo puxéronse en contacto con André Abeledo, candidato a Alcaldía de NARÓN POR DIANTE e Voceiro de Esquerda Unida no Concello de Narón, para denunciar o lamentable estado das instalacións da planta que SOGAMA ten en Narón.

Explícanlle a Abeledo que ese é o lugar onde baleiran o lixo, plástico e vidro de concellos da comarca, como Narón , Ferrol , Neda  , Fene , Ares etc.

Alertan do perigo que ten para os traballadores o estado das instalación. Indican que dende Concello de Narón veñen dicindo dende fai mais dun ano que o van a amañar , e que as obras están xa licitadas, pero que todo segue igual.

Din que este asunto tratouse no seu momento na Mancomunidade de Municipios de Ferrolterra , pero que o Concello de Narón continua sen tomar medidas.