A Plataforma veciñal Cornado Mina Non considera que as declaracións en redes sociais do conselleiro a soldo de Atalaya Mining Venancio Salcines demostran «unha vez máis» o «seu absoluto descoñecemento dos danos causados polas grandes corporacións transnacionais no seu obxectivo de conseguir o máximo beneficio a calquera prezo».

Venancio Salcines / Wikimedia Commons

Para o colectivo, o feito de que José Venancio Salcines Cristal, tamén director xeral da universidade privada CESUGA e presidente do comité de marca de Pino de Galicia diga públicamente que Trafigura, como accionista de referencia de Atalaya Riotinto “solo sabe que las cosas hay que hacerlas bien” despois dos desastres orixinados por unha empresa «que acumula denuncias internacionais por contaminación, corrupción e actuar contra os dereitos humanos» é» canto menos lamentable» e «demostra unha torpeza sen parangón» nalguén que se xacta en público de ser contratado como “senior advisor” (“conselleiro senior”) da extractiva.

Por iso, critícanlle ao «conselleiro» galego de Atalaya Mining que este descoñeza que o 19 de agosto de 2006 Trafigura foi a responsable dun dos maiores desastres medioambientais do presente século XXI, no que máis de 100.000 persoas necesitaron asistencia médica e ao menos 15 personas perderon a vida por unha vertedura incontrolada de residuos en Costa de Marfil. Por este motivo, miles de afectados tiveron que ser atendidos con cadros clínicos de vómitos, diarreas, queimaduras e problemas respiratorios e moitos deles quedaron con graves secuelas permanentes. Ademáis, un informe da ONU confirmou posteriormente a relación causa-efecto pese ás continuas evasivas da empresa.

Persoas afectadas polo desastre ambiental de Trafigura en Costa de Marfil / Amnistía Internacional

Segundo relatan medios e entidades de máxima fiabilidade como a BBC británica ou a ONG Amnistía Internacional, Trafigura xerou os residuos ao utilizar sosa cáustica para “lavar” un derivado do petróleo altamente sulfuroso denominado “nafta de coker”. Unha vez lavada, o obxectivo de Trafigura era mezclar a nafta con gasolina a cambio duns beneficios duns 7 millóns de dólares estadounidenses por carga.

A compañía intentou librarse do refugallo sen resultado ata en cinco países: Malta, Italia, Xibraltar, Paises Baixos e Nixeria. Os seus intentos de desfacerse dos residuos en Ámsterdam deron lugar a un incidente de saúde pública, cando os residentes queixáronse do terrible cheirume e comenzaron a sufrir náuseas, mareos e fortes dores de cabeza. Sen embargo, Trafigura rexeitou a oferta dunha empresa de xestión de residuos que a cambio dunhs 620.000 dólares desfaríase deles de forma segura para as persoas e o medio ambiente.

Protesta dun grupo de activistas contra as actividades de Trafigura no continente africano / Greenpeace

En lugar diso, os residuos tóxicos foron finalmente vertidos de maneira ilegal en Costa de Marfil por unha empresa local contratada por Trafigura para que se librara deles por tan só 17.000 dólares, unha pequena fracción do que lle costaría unha xestión responsable dos mesmos, o que rematou por provocar un drama medioambiental e social sen precedentes na rexión.

UNHA EMPRESA POLÉMICA A NIVEL MUNDIAL

Cornado Mina Non indica que «lonxe de pararse aí a de Trafigura é unha historia que ano tras ano vai alén de calquera polémica en distintos países» pois en Brasil, por exemplo, a Fiscalía abriu unha investigación penal en 2020 contra varios dos seus executivos acusándoos de sobornar a empregados da petroleiro estatal Petrobras, a semellanza do que que acontecera con Petroleos de Venezuela no país veciño. De igual maneira, Trafigura recibiu acusacións polo presunto pago de sobornos en Zambia a cambio do amaño de contratos públicos e en México por presunto contrabando de combustible, o que lle valeu este ano a suspensión do permiso para operar nesta zona de mesoamérica ao menos ata 2024.

OS “EXEMPLOS” DE VENANCIO SALCINES

Cos datos na man e unha vez explicados os feitos, a entidade veciñal considera que «tan irresponsable é a propia multinacional polos graves feitos cometidos como quen por seguidismo, interés comercial, ignorancia e prepotencia defende as súas manobras«. Porque que o asesor pagado Venancio Salcines diga agora públicamente que compañías como Trafigura ou Atalaya Mining a través da súa filial Cobre San Rafael “buscan la perfección, la sostenibilidad y una relación más que óptima con la sociedad en la que conviven” consideran que «é canto menos unha broma pesada convertida en falacia».

Máis información:

“Trafigura: una travesía tóxica” (Amnistía Internacional)

“Trafigura: the toxic truth” (Greenpeace)

Un tribunal holandés condena a la multinacional Trafigura por un vertido tóxico ilegal en Costa de Marfil” (Europa Press)