UGT-Galicia vén de reanudar o servizo do Centro de información e asesoramento sociolaboral para inmigrantes (CIASI) en Ourense cuxas accións teñen como principal destinatario o colectivo de inmigrantes regulares de orixe non comunitario e que presenten un alto grado de vulnerabilidade, así como, inmigrantes que estean nunha situación de desemprego ou que desempeñen tarefas laborais encondicións precarias. Ademais, os traballos de información easesoramento tamén van dirixidos a inmigrantes que desexen melloraro seu nivel de empregabilidade.
O obxectivo final é acadar para os usuario do centro itinerarios deinserción laboral individualizados e, para elo, realízanse tarefasde orientación sociolaboral; aténdense consultas en materia deestranxeiría; dáse axuda para a homologación de titulacións; dáseinformación sobre os trámites a seguir para acceder ánacionalidade española; tamén se achegan actividades dealfabetización dixital, así como, cursos dirixidos a lograrcapacitacións profesionais que lles permitan aumentar as súasopcións de empregabilidade, así como outras consultas que osusuarios desexen realizar.
Neste contexto, dende o Centro infórmase que se continúa impartindoo curso de preparación para o exame de coñecementos constitucionaise socioculturais de España, requisito necesario para a obtención danacionalidade española.
O Centro está emprazado na sede de UGT-Ourense-Valdeorras-Verín, enParque de San Lázaro, número 12, planta baixa (Ourense) e o seuhorario de atención ao público é de luns a venres, de 9 a 12horas, e de luns a xoves, de 17 a 19.30 horas.
Este servizo, que desenvolve UGT-Galicia, atópase subvencionado polaDirección Xeral de Integración e Atención Humanitaria, dependentedo Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social, e écofinanciado polo Fondo Social Europeo.