Galiza

Un escándalo eólico en Laxe salpica ao presidente do Parque do Megalitismo da Costa da Morte

Tres asociacións da comarca de Bergantiños pídenlle á Fiscalía Xeral do Estado que investigue se hai un caso de presunta corrupción ou tráfico de influencias no caso das axudas educativas coas que a multinacional portuguesa EDP Renováveis estaría a incentivar ao Concello de Laxe mentres se tramitan os seus proxectos.

Segundo informan os colectivos Petón do Lobo, Cova Crea e Ouriol do Anllóns nun comunicado conxunto, a filial española da enerxética, EDP Renovables, ven de presentar no concello un programa de becas escolares denominado «Green Education», nome que a xuizo das entidades non é coherente coas actuacións da empresa. Esta iniciativa provoca para as asociacións «dúbidas razoables» ante o feito de que o Concello de Laxe ten que informar en varios trámites administrativos nos tres expedientes dos parques eólicos que a enerxética está a tramitar ante a Xunta (Soesto, Monte Chan e Pena dos Mouros), que implican «unha incidencia ambiental severa e prexuizos irreversibles para a Rede Natura e as paisaxes».

As entidades recordan que na contorna dos tres parques eólicos, que forman parte do complexo eólico que a empresa portuguesa prevé para a Costa da Morte, desenvólvese unha elevada diversidade de espazos de gran valor ambiental. Asimesmo a incidencia nas paisaxes e no turismo local é moi relevante, polo que os informes favorables do concello de Laxe, dos que é parte activa José Luís Pérez Añón na toma de decisións como alcalde de Laxe, facilitarían moito a tramitación dos parques eólicos da multinacional portuguesa.

Por este motivo, as asociacións veñen de presentar diante da Fiscalía Xeral do Estado unha solicitude para que este organismo proceda a investigar se a conducta municipal co caso das becas escolares pode ser contemplada coma un presunto caso de corrupción ou tráfico de influencias por parte dos responsables do Concello de Laxe.

UN ALCALDE POLÉMICO

José Luis Pérez Añón, que lidera o Partido Popular da localidade e tamén ocupa o posto de presidente do Parque do Megalitismo da Costa da Morte, foi partícipe este ano dende o seu grupo municipal do rexeitamento a unha proposta conxunta de PSdeG e BNG para opoñerse á instalación de parques eólicos no tramo costeiro de maior valor ambiental e paisaxístico de Laxe.

José Luís Pérez Añón -actual presidente do Parque do Megalitismo da Costa da Morte y alcalde de Laxe- en un acto público del PP.

Na moción solicitábase o rexeitamento á instalación de parques eólicos na contorna da Paisaxe Protexida dos Penedos de Pasarela e Traba por parte do concello laxense, reclamando o apoio consistorial á defensa da integridade de esta excepcional área costeira e instando aos técnicos municipais á elaboración de informes dentro deste mesmo senso dentro do trámite de consultas previo ao estudo de impacto ambiental como Administración pública directamente afectada.

A proposta advertía que a instalación de parques eólicos por parte de EDP Renovables na súa área de einfluencia supoñería «un dano irreparable» nun contexto no que se están a dar numerosas vulneracións cunha «afección paisaxística severa» nas inmediacións da Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) Costa da Morte Norte, así como unha notable «afección aos rcursos hídricos» e á propia Rede Natura en diferentes áreas de interés ambiental, afectando tamén aespecies en perigo de extinción catalogadas como a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus L.) e á subespecie lusitánica da escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus L.subsp. lusitanica Steinbacher).

REXEITAMENTO SOCIAL AOS PARQUES EÓLICOS

A postura do actual presidente do Parque do Megalitismo e do seu grupo municipal en Laxe non só resulta indignante para moita da veciñanza que depende do turismo sostible, senón que ata a propia Rede Galega por un Rural Vivo ven denunciando con firmeza o que está acontecer non só na fronte litoral de Laxe senón na Costa da Morte, afectada por máis de 20 proxectos de parques eólicos.

O colectivo, integrado por un conxunto de entidades e plataformas de máis de dezaséis concellos en loita contra a implantación descontrolada de parques eólicos no territorio galego considera que o Parque do Megalitismo da Costa da Morte, como ente que supostamente ten como obxectivo a defensa do patrimonio, «debería solicitar a paralización»de novos proxectos dado que como representantes públicos que son de distintos concellos «terían que sair na defensa da xente e non da protección do oligopolio eléctrico» considerando que a implantación de parques eólicos coma o Monte Chan, Pena dos Mouros e Soesto supoñen atentar contra o propio futuro da bisbarra.

Para a Rede é necesario que os encargados de manter o patrimonio material e inmaterial «actúen no camiño das postas en valor» sendo a realidade, por desgraza que «na Costa da Morte o abandono é a nota dominante», incluíndo as actuacións do propio Parque do Megalitismo e os seus responsables e afíns.

O grupo denuncia o espolio que está a vivir o rural galego a nivel patrimonial e ambiental e que este pase a converterse «nun parque industrial, sen ter en conta as graves consecuencias para a súa supervivencia, condenándoo a un futuro moi incerto e a unha aceleración do despoboamento».

Redacción

Luchando contra la información manipulada y tendenciosa. Periodismo incómodo.

Entradas recientes

Isa Serra denuncia abiertamente que en España “algunos jueces prevarican con impunidad”

Isa Serra ha respondido en una entrevista a lo referente a su caso y entuerto…

7 horas hace

Un importante medio francés expone la ambigüedad de la estrategia de Feijóo

Un medio francés ha dedicado un amplio reportaje a la derecha española y ha puesto…

7 horas hace

Calviño frena a Susanna Griso sobre a las bajadas de impuestos: “La propuesta del PP beneficia a las rentas altas”

La vicepresidenta primera del Gobierno y ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, ha sido contundente…

7 horas hace

La carta viral de un andaluz a la directora de El País contra Juanma Moreno y la sanidad en Andalucía

Un ciudadano de La Zubia, un municipio de Granada, ha remitido una dura y sincera…

7 horas hace

Inspección de Trabajo desvela 25.000 contratos discontinuos fraudulentos en nueve meses

Desde la entrada en vigor de la Reforma Laboral los contratos discontinuos fraudulentos no han…

7 horas hace

Neymar baila con la ultraderecha de Bolsonaro

El futbolista Neymar Jr. se ha convertido en el foco mediático después de bailar por…

7 horas hace