Unha medalla non suple dereitos

Unha medalla non suple dereitos

0
108

Victoria Portas


A Xunta de Galicia fixo entrega da Medalla Castelao as Redeiras, pola súa profesión e pola súa defensa da cultura galega. Pode ser un bonito xesto, pero máis que insuficiente por parte da Xunta de Galicia, cando dito colectivo leva anos demandando a esta unha mellor situación socio-laboral para o seu sector, as medallas non suplen dereitos Señor Feijoo.

Pode ser un bonito xesto, pero máis que insuficiente por parte da Xunta de Galicia, cando dito colectivo leva anos demandando a esta unha mellor situación socio-laboral para o seu sector

O traballo de redeira ou redeiro está afianzado na tradición do noso país,, é unha profesión que se desenrola desde o pasado século e acostumaba a transmitirse entre familias. Antigüamente a reparación das redes de pesca era un traballo dos propios mariñeiros, pero xurdiu a profesión de redeira que se foi adaptando os diversos tipos de arte de pesca, labor que se levaba a cabo nos propios peiraos e portos a intemperie.

Actualmente en dito sector traballan un milleiro de persoas, das cales máis do 84% son mulleres, polo que podemos afirmar que é un sector maioritariamente feminizado, e afiliadas o réxime especial do mar, cunha media de idade entre 45-60 anos, claramente un sector envellecido por falta de apoios para asegurar o relevo xeracional.

Si ben na actualidade desenrolan o seu traballo en naves, a penosidade e insalubridade que revisten as xornadas laborais irregulares debido a demanda de traballo puntual que lles vaia xurdindo, isto sumado a forma de desenrolar o seu traballo, disposición física para tecer e reparar redes, fainas vulnerables ante determinadas enfermidades propias desta actividade profesional, enfermidades do aparato muscoesquelético, artrose e doenzas musco-esqueléticas, entre moitas outras que a día de hoxe seguen sen serlles recoñecidas como enfermidades profesionais.

A penosidade e insalubridade que revisten as xornadas laborais irregulares fainas vulnerables ante determinadas enfermidades propias desta actividade profesional

O recoñecemento da actividade profesional que levan a cabo as nosas redeiras é moi recente, incluíndoas na reforma lexislativa da Lei Reguladora da Protección Social das persoas traballadoras do sector marítimo-marisqueiro, na cal se lles recoñece a toda persoa traballadora do sector uns determinados coeficientes redutores en función da súa actividade, pero as redeiras son discriminadas con respecto a outros colectivos do ámbito, xa que a elas se lles deixou fora do recoñecemento de ditos coeficientes redutores, aínda cando o Goberno recoñeceu que facían unha labor en condicións non moi saudables.

Son mulleres bravas, que levan décadas reivindicando a dignificación das súas condicións laborais, o recoñecemento da súa actividade. Non sería mellor o recoñecemento dun dereito que unha medalla?, non sería mellor o coidado físico das mulleres que perpetúan a nosa cultura que colgar un trofeo nunha vitrina?

Levan décadas loitando pola dignificación dos seus empregos, xa é o momento do seu recoñecemento

Loitan por uns salarios xustos, pola eliminación da fenda salarial, o recoñecemento das enfermidade profesionais, do recoñecemento dos coeficientes redutores polas condicións laborais, batallan contra o intrusismo laboral e demandan o acceso a formación específica para poder garantir o relevo xeracional, para poder garantir que a cultura galega se perpetúe no tempo.

Todas elas demandas históricas que non se poden tapar outorgando unha medalla e sí recoñecéndolles un dereito, levan décadas loitando pola dignificación dos seus empregos, xa é o momento do seu recoñecemento.

Dejar respuesta

slot zeus https://www.farmstr.com/ cie4d sakutoto onictoto vartoto bumispin Situs Toto live sdy live hk lotto data hk lotto ADASLOT Slot Online https://kemenpppa.com/ situs slot gacor slot qris Slot Deposit Pulsa Slot Qris slot pulsa 5000 slot gacor result macau mixparlay slot gacor slot gopay max33 คืออะไร max33 เว็บพนัน max33 amavi5d slot gacor slot gacor hk lotto sontogel slot gacor malam ini https://ppid.pasuruankota.go.id situs slot Situs Toto data sydney Situs Toto Situs Slot Toto Slot scatter hitam BOCORAN TOGEL https://www.dgsmartmom.com/ Situs Toto Situs Slot Situs Toto https://wonderfulgraffiti.com/ https://guidemtlnord.com/ Toto Slot Slot Togel slot online Situs Toto 8kuda4d situs slot gila4d 8kuda4d slot gacor https://www.codebeamcorunha.es/ vegas969 https://iwcc-ciwc.org/ sulebet Slot demo agen bola terpercaya slot88 slot thailand titi4d taruhanbola taruhanbola leon188 paten188