A concellería de Urbanismo celebra as declaracións do Partido Popular en relación ao CAR; neste aspecto o concelleiro, Mariano Abalo, valora positivamente o posicionamento do sr. Sotelo; apoiando a iniciativa desta concellería para decidir entre todas e todos a localización ideal para o CAR. Ditas propostas serán consensuadas co SERGAS e co apoio dos demais concellos do Morrazo.
Abalo cre que o feito de denominar o CAR como “Centro Integrado de Saúde” non debería ser obxecto de debate, se con esta última denominación queda claro que a instalación sanitaria contará coa infraestrutura, medios humanos e técnicos, e as especialidades propias dun centro de alta resolución.
Respecto á circunvalación, ao igual que debe ocorrer con outras propostas de alcance, “debe quedar claro que se está traballando sobre un borrador que non ten carácter inamovible, sobre todo naqueles casos especialmente sensibles que afectan a practicamente a totalidade da poboación” apuntou Abalo. Ao mesmo tempo, é importante que calquera cuestión que afecte aos traballos de redacción do PXOM poida ser examinada e traballada pola corporación municipal de maneira que, cando estean máis avanzados no documento de traballo, poidan ser postos a consideración pública.