A deputada de En Marea, Eva Solla vén de incidir na Comisión de Sanidade en que “a nosa sanidade está nunha das peores situacións nos últimos anos”, debido fundamentalmente “á acumulación de recortes por parte do PP, que vai tendo consecuencias”.

Precisamente por iso, Solla díxolle ao xerente do Servizo Galego de Saúde que “as protestas son maiores”. Ao fío diso, lembrou a folga de traballadores dos PAC e a de Atención Primaria para abril.

“Queremos que nos diga de onde sae a cifra sobre o número de profesionais sanitarios que di que temos, que non é real. Gustaríanos coñecer as listas de espera non estructurais e as memorias específicas de cada centro sanitario”, finalizou a deputada.