Xacobeo 2021 a ceo aberto

Camiño de Santiago ou mina a ceo aberto? Esta é a pregunta que debería estar formulándose neste momento o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feixóo. O informe da organización encargada de propoñer os bens patrimonio da humanidade, ICOMOS, revela que o proxecto da mina de Touro danaría gravemente o camiño francés.

O estudo técnico desta asociación vinculada á UNESCO sinala que o proxecto sepultaría cunha enorme escombreira parte do trazado do camiño histórico Arzúa-Quión-Amenal, un ramal do camiño francés de grande relevancia como o demostran numerosos documentos históricos, entre eles a carta xeométrica de Domingo Fontán elaborada entre os anos 1817-1834.

ICOMOS advírtelle á Xunta de que no caso de que o proxecto vaia adiante estaría incumprindo o acordo firmado ca UNESCO, o que podería rematar co camiño francés sen o distintivo de patrimonio da humanidade.

Ninguén entendería que a torre Eiffel ou os acantilados de Moher fosen despoiseídos de tal recoñecemento polo interese privado dunha empresa foránea. Pois nesa encrucillada está agora o goberno galego, por un lado o interese xeral e por outro a presión do lobby mineiro e dos intereses escuros da administración.

Por un lado o respecto ó patrimonio cultural e por outro o terrorismo patrimonial que en tantas ocasión sale impune. A decisión final está nas mans de Feijóo, tócalle apostar polo Camiño de Santiago e o Xacobeo 2021 ou por amarrar os seus plans de futuro gardados nunha Samsonite como a que supostamente lle regalaron no capítulo de Corcoesto. Que teñan bo camiño

Deja un comentario