Xoán Bascuas asegura que a vindeira lexislatura ten que ser a do rural

O Concello ten unha débeda histórica cos 14.000 veciños do noso rural.

0
44

Xoán Bascuas, candidato a alcaldía de Compromiso por Galicia, asegura que a vindeira lexislatura ten que ser a do rural. “Non se pode seguir a mirar para outro lado cando 14.000 veciños do noso Concello, que pagan os seus impostos, están totalmente esquecidos”, segundo sostén o líder galeguista. Dende Compromiso afirman que é inconcebible que o 15% da poboación compostelá estea sen servizos tan importantes como o saneamento e o abastecemento de auga, recollida selectiva do lixo, o mantemento viario, o transporte urbano, a sinalética ou a falta de puntos de luz. Bascuas asume o “pacto polo rural” como a primeira liña vermella para a gobernabilidade e propón destinar unha importante cuantía fixa anual dos orzamentos para o desenvolvemento do rural, así como promover o relevo xeracional do sector primario.

Os galeguistas sosteñen que todos os veciños do Concello teñen dereito a transporte público e propoñen garantir alomenos catro viaxes diarios en todas as parroquias así como medidas incentivadoras para o uso combinado de aparcadoiros disuasorios e transporte urbano.

“Hai futuro no rural e potenciaremos esa idea na xente nova”, promovendo distintas accións para fomentar a pequena industria transformadora e comercializadora, facendo atractivo vivir e traballar no rural, evitando o despoboamento e abandono de parroquias.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 814 suscriptores.

Dejar respuesta