Xoán Bascuas, candidato de Compromiso por Galicia nas vindeiras eleccións municipais, propón recuperar o Cine Yago como espazo cultural municipal e insta ao Concello “a dar un paso adiante para comezar as conversas cos propietarios e ver cal e o mellor modelo de adquisición”, que pode ir dende a implicación das distintas administracións na compra ou a cesión do espazo por 50 anos a cambio do acondicionamento e da xestión.

Bascuas apunta que «o patrimonio cultural e unha das testemuñas da traxectoria histórica de Santiago, e a identidade e os bens que o integran constitúen unha herdanza insustituible.»

«Dende Compromiso “lamentan que sigan a deteriorarse edificios emblemáticos do
noso Concello sen facer nada por recuperalos ou seguir permitindo o estrago dos
mesmos”.

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 1.388 suscriptores.

close

Suscríbete al boletín gratuito de Contrainformación y únete a los otros 1.388 suscriptores.

DEJA UNA RESPUESTA