No marco da presentación da candidatura da provincia para as próximas eleccións xerais do 28 de abril, celebrada este luns en Vigo, a cabeza de lista ao Congreso de En Común-Unidas pola provincia de Pontevedra, Yolanda Díaz, apostou por unha AP-9 «pública, gratuíta e galega», avogou pola nacionalización da «única vía» que conecta o norte e o sur de Galicia.

Ademais, asegurou que Pontevedra é «a provincia (galega) máis golpeada pola crise en termos económicos e sociais». Así, sinalou que un de cada tres traballadores da zona percibe rendas por baixo dos 650 euros mensuais e que a media salarial sitúase en 1.000 euros.
Criticou tamén que esta situación débese á aplicación de distintos convenios dentro de una mesma empresa e lamentou que os 42.000 empregos perdidos no sector industrial da provincia non fosen recuperados pese ao potencial da automoción, a aeronáutica e as conserveiras. Así, condenou que esta situación sexa posible debido á aplicación das reformas laborais e reprobou que o Goberno central que preside Pedro Sánchez non as derrogara. Reivindicou a necesidade de loitar contra un tecido industrial no que se prime a obtención duns maiores dividendos fronte á calidade dos empregos.
Ángela Rodríguez, ‘número 2’ de En Común-Unidas Podemos ao Congreso pola provincia, lamentou a «precariedade» do emprego sectores maioritariamente femeneninos, como o telemarketing, nos que se anunciaron expedientes de regulación de emprego ( ERE) en varias empresas con sede en Galicia.
Tamén apuntou que o PSOE tivo a «oportunidade» de derrogar a lexislación que permite a «privatización» da sanidade pública, en referencia ao Real Decreto Lei 16/2012, tras a súa chegada ao Goberno central e que, con todo, non actuou deste xeito.




























